A Rede TIC 2
Formación en novas tecnoloxías coma Ciberseguridade, Intelixencia Artificial Xenerativa, Comercio Electrónico, etc… para o seu uso no día a día.
Os contidos deseñáronse en base ás necesidades recollidas na coa cidadanía e traballouse de xeito colaborativo e mediante proxectos, durante 2 horas cada día para un grupo de 20 persoas.
Estivo dirixida a persoas maiores de 18 anos e sen límite de idade, con prioridade para mozos/as entre 18 e 25 e maiores a partir de 55 anos.
Realizouse durante 8 semanas, de luns a venres, de 19 a 21 h e durante os meses de setembro e outubro de 2023. Tivo lugar en 8 centros socioculturais de Compostela, facendo unha formación por centro
Materiais resultantes do proxecto
Como resultado deste proxecto elaboráronse dous tipos de materias didácticos nos ámbitos da dixitalización e da fabricación dixital , uns dirixidos a docentes e outros ó alumnado. Todos estes materiais están en aberto e poden descargarse nos seguintes links: