A Academia Maker
A Academia Maker foi un proxecto de formación intensiva tanto en metodoloxías de innovación coma en tecnoloxías como impresión 3D, CNC, Micro:bit ou Arduino.
Estivo enfocado a perfís emprendedores ou persoas en busca activa de emprego maiores de 18 anos e tivo lugar o sábados desde a segunda semana de setembro ata fináis de outubro de 2023. Contou cun total de 34 horas de formación.
O proxecto contou con 8 seminarios abertos de 2 horas en diferentes tecnoloxías e cun formato Academia, para un grupo reducido, onde se desenvolveron proxectos desde cero ata chegar a prototipos funcionais.
Proxectos xurdidos da Academia Maker
Durante a Academia ideáronse 10 proxecto dos cales se desenvolveron 8 a nivel de prototipo funcional, os cales se poden visualizar a continuación en formato pdf:
SanPet – Dispensador de comida para mascotas
Calculadora Básica con Arduino